Interceptan un veciño de Marín disfrazado de Papa Noel que incumpría o confinamento

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/04/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Policía Local de Marín interceptou na madrugada deste mércores un veciño disfrazado de Papa Noel e que incumpría a orde de confinamento decretada polo estado de alarma.

Segundo informaron fontes da Policía Local a Europa Press, o home foi sorprendido ás 1,40 horas deste mércores cando se atopaba na vía pública na zona de San Pedro.

Tras ser identificado, os axentes procederon a denuncialo administrativamente por incumprir as normas incluídas na declaración do estado de alarma.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta