Acusan a DIA de aproveitarse do coronavirus para incrementar clientes con ofertas reclamo

Unións Agrarias acusa a esta cadea de supermercados de ofertar iogures a 0,12 céntimos, un prezo "lixo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

O sindicato Unións Agrarias acusou á cadea de distribución DIA de ofertar iogures a "prezos lixo" de 0,12 céntimos a unidade, cuestión que considera un "vergoñoso" uso do leite como produto reclamo.

Nun comunicado remitido aos medios, o sindicato asegura que esta oferta causa especial "indignación" por lanzarse en plena crise do coronavirus, situación na que os gandeiros están a facer "un gran esforzo" para manter a cadea de produción de alimentos activa.

Ante esta circunstancia, Unións Agrarias esixe á Xunta e ao Ministerio de Agricultura que impoña o criterio de "tolerancia cero" contra a "venda a perdas" que practican algunhas cadeas de distribución na comercialización do leite.

"As administracións deben de ir máis aló das grandes declaracións de apoio ao sector e facer o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor xusta", subliña o sindicato.

A organización agraria advirte a DIA de que, no caso de que non retire nun prazo máximo de 48 horas esta oferta dos supermercados, iniciará unha campaña a través de todos os medios dos que dispoña. En calquera caso, o sindicato informa de que pedirá á Axencia de Información e Control Alimentario (AICA) que abra un expediente sancionador á cadea de capital ruso por introducir no mercado galego produtos "en clara venda a perdas".

Supermercado Dia. EUROPA PRESS - Arquivo
Supermercado Dia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta