A historia de Verónica, que superou a Covid-19: "A miña sogra morreu. Era dependente e nin sequera a intubaron"

Verónica, de 43 anos, comezou a notar síntomas pero dixéronlle que tiña que esperar pola proba por trataarse dunha persoa nova. "Dixéronme que daba igual, aínda que vivise cunha persoa dependente", relata. Esa persoa era a nai do seu marido, que finalmente tamén desenvolveu a enfermidade e ingresou no Álvaro Cunqueiro. "No Cunqueiro teñen un límite de idade. A quen lle fan as probas?", pregúntase esta redondelá, que pide á xente que quede nas súas casas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2020 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia