Denuncian que Gadis non pon en corentena ao persoal que compartiu quenda con empregados infectados

CIG lamenta que a empresa "actúe de forma irresponsable" ao negarse a illar as persoas que tiveron contacto cos positivos en coronavirus no supermercado de Ribeira. Din que "está máis interesada en seguir obtendo beneficios ca na saúde do persoal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2020 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical de Traballadores (CIG) denuncia que a empresa Gadis "non pon en corentena" ao persoal que compartiu quenda con outros empregados que deron positivo nas probas de coronavirus en Ribeira.

Así o trasladou este sábado a representante de CIG-Servizos de Santiago, Lucía Freire, a Europa Press. Nas súas declaracións, criticou que a compañía galega "actúe de forma irresponsable" e que se ampare no protocolo do Ministerio de Sanidade para non pór ao seu persoal en corentena, no que se recolle que só hai que adoptar esta decisión se a traballadora "presentou síntomas no seu posto de traballo".

A este respecto, a CIG sinala que Gadis argumenta que os casos positivos que se detectaron non presentaron síntomas e por iso rexeitaron a idea da corentena. En todo caso, a empresa non se pronunciou sobre este tema.

Segundo explicou esta forza sindical, a día de hoxe hai tres casos confirmados de coronavirus en persoal traballador: unha persoa que traballa no local de Avenida da Concordia (A Coruña), outra no de Montero Ríos (Santiago) e outra no de Ribeira.

Despois de que se confirmasen os dous primeiros e debido a "unha denuncia da CIG ante Inspección de Traballo", o persoal que compartiu quenda coas persoas infectadas na Coruña e Santiago foron postas en corentena; con todo, os de Ribeira non.

Ante esta negativa, o sindicato pregúntase "como Gadis pode asegurar que non houbo contacto con outros traballadores durante o período de incubación" e reclama que rectifique "de inmediato" e "desinfecte" de forma "escrupulosa" os supermercados afectados.  Esixen, ademais, que a compañía reduza os horarios de apertura e que deixe de estar "máis interesada en seguir obtendo beneficios que na saúde do persoal que fai posible que os consiga".

Supermercado Gadis
Supermercado Gadis | Fonte: AGC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta