O Sergas anuncia que está estudando o caso da muller embarazada para saber o que pasou

O asunto está en mans da Fiscalía da Coruña. O hospital explicara que a súa morte se debeu a unha "tormenta inflamatoria".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/04/2020 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde Remeseiro, confirmou que se está estudando o sucedido tras a morte, o pasado 29 de marzo, dunha muller embarazada e do seu bebé tras practicarlle unha cesárea de emerxencia no Hospital Materno Infantil.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza na presentación do novo hospital de campaña da Coruña que se abrirá en caso de ser necesario, Verde Remeseiro lamentou tamén o sucedido, ademais de confirmar que se están estudando as circunstancias deste caso.

Por estes feitos, a Fiscalía Superior de Galicia confirmou a pasada semana que lle corresponde á Fiscalía Provincial da Coruña a instrución de dilixencias despois de que a Asociación Defensor do Paciente pedise que investigase o sucedido.

Por outra banda, tamén a semana pasada transcendeu que a familia da muller, de 37 anos, puxo en mans de avogados e peritos médicos os feitos para analizar "se houbo algún tipo de responsabilidade" na súa morte.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da familia, que explicaron que están á espera de recibir a historia clínica electrónica para decidir se inician medidas legais pola morte da súa achegada e do bebé que esperaba.

Ademais, familiares acudiron na tarde do pasado mércores ao hospital coruñés onde o equipo médico que atendeu á embarazada -- de 35+3 semanas -- e un directivo do centro hospitalario onde faleceu explicoulles que morrera por unha "tormenta inflamatoria". Fontes da familia aseguraron, tras o sucedido, que desde o hospital atribuíuse a morte ao COVID-19, proba que se realizou á muller tras ingresar e na que deu positivo.

Hospital Teresa Herrera, na Coruña
Hospital Teresa Herrera, na Coruña | Fonte: Ogmios Proyecto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta