Unha fundación fabrica viseiras de protección que despois doa por toda Galicia

Interior aumentará os controis na estrada durante Semana Santa para evitar desprazamentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A Fundación Flora atópase distribuíndo viseiras de protección ante o coronavirus por toda Galicia. En concreto planea repartir unhas 5.000 unidades.

O Concello de Coirós recibiu unhas 200 destas viseiras, que distribuirá entre as dúas residencias da terceira idade do municipio, os empregados municipais e empresas que prestan servizo de axuda a colectivos vulnerables.

Entre outras, a institución doará unidades ás Hermanitas dos desamparados que coidan a anciáns en toda Galicia.

Enxeñeiro de Coirós que fabrica viseras protectoras. FRAN MARTÍNEZ
Enxeñeiro de Coirós que fabrica viseras protectoras. FRAN MARTÍNEZ | Fonte: Europa Press

DOAZÓN DO CONCELLO DA CORUÑA AO CHUAC

A Concellaría de Medio Ambiente e Sustentabilidade do Concello da Coruña efectuou este luns unha doazón de equipos de protección individual para os e as profesionais do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), segundo informa. En concreto, sinala que desde o inicio do estado de emerxencia distintas empresas fixeron chegar á concellaría "non só o seu desexo de contribuír de modo activo a todo tipo de actuacións que axuden a paliar está pandemia, senón que tamén fixeron entrega de diferente material".

No marco destas iniciativas, un técnico da Concellaría de Medio Ambiente entregou o Chuac 300 traxes de diferentes tallas e de 500 pantallas de protección.

MÁIS CONTROIS NAS ESTRADAS

O Ministerio do Interior aumentará os puntos de control na estrada, así como os controis nocturnos e de madrugada, durante a Semana Santa co obxectivo de evitar desprazamentos nestas datas, segundo indicou o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, en rolda de prensa este luns. Os controis serán realizados pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil (ATGC), en coordinación coa Dirección Xeral da Garda Civil (DGGC) e a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Desde este pasado fin de semana, reforzáronse os controis nocturnos, con máis de 500, nas estradas de saída das grandes cidades para evitar que de madrugada se produzan desprazamentos non permitidos polo estado de alarma. Segundo indicou Marlaska, formuláronse preto de 140 denuncias a condutores. "Vanse implementar estes controis durante a Semana Santa porque as cifras non poden ir cara atrás. Non temos dúbidas, reducir a mobilidade significa salvar vidas, razón pola cal estes controis seguirán sendo efectivos e importantes", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta