Detido un home por un delito de violencia de xénero e quebrantar a orde de afastamento

Os axentes da Policía Autonómica procederon á detención do home no interior do domicilio en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/04/2020 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica detiveron a un home en Ourense como presunto autor dun delito de violencia de xénero e de quebrantamento da orde de afastamento.

Así o informou a Xunta nun comunicado, no que explica que a detención se levou a cabo o pasado venres, 3 de abril, por parte do Grupo de Apoio de Prevención, Asistencia e Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Xefatura de Ourense.

Unha das mulleres vítimas de violencia de xénero cuxa protección ten asignada o Grupo Vioxén da Policía Autonómica contactou por teléfono e, ante a sospeita de que o presunto agresor se atopaba nas inmediacións do domicilio desta muller, varios efectivos trasladáronse ao lugar, relataron as mesmas fontes.

Os axentes da Policía Autonómica procederon á detención do home no interior do domicilio. Posteriormente foi trasladado a dependencias da Comisaría Provincial da Policía Nacional de Ourense, onde se instruíron dilixencias como autor dun suposto delito de violencia de xénero e por quebrantar a orde de afastamento que tiña vixente. O arrestado pasou a disposición xudicial.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección de 255 vítimas de violencia de xénero en Galicia, concretou a Xunta.

Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta