UUAA pide medidas contra os danos do xabaril tras detectar máis presenza de exemplares

A redución da presenza de persoas polas medidas de confinamento derivadas do COVID-19 aumentou a "aproximación destes animais ás casas e as zonas cultivadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) reclamou que se anticipen medidas contra os danos producidos polos xabaríns nas colleitas ante a proximidade do período de sementeira de millo e tras detectar un incremento na presenza destes animais preto de casas e cultivos polo confinamento.

Unha vez terminada a tempada de caza a finais de febreiro, explicaron, só se autoriza cazar xabaril "como medida extraordinaria polo control de danos", como establece unha resolución da Xunta do 21 de marzo, aínda que "con moitas limitacións".

Así mesmo, explican, a redución da presenza de persoas polas medidas de confinamento derivadas do COVID-19 aumentou a "aproximación destes animais ás casas e as zonas cultivadas".

Por todo iso, UUAA entende que "hai que planificar xa" cos TECOR as "distintas medidas de prevención a levar en cada zona", así como "ter previstas as medidas extraordinarias de control de poboación por caza a tomarse na campaña da sementeira".

O sindicato agrario subliñou que "ten que haber unha listaxe de cazadores dispostos a realizar esperas en cada TECOR", e "un procedemento simplificado e áxil de autorización deste tipo de actuacións, que evite os problemas administrativos que se repiten todos os anos e que lastran a eficacia das accións".

Xabaril no monte. XUNTA - Arquivo
Xabaril no monte. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta