Detido un coruñés por incumprir o confinamento por quinta vez

Por E.P. | A CORUÑA | 09/04/2020 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local da Coruña detiveron a un veciño de 32 anos que foi interceptado cando incumpría por quinta vez as normas de confinamento derivadas do estado de alarma.

Segundo informou a Policía Local, os axentes sorprenderon o home paseando pola avenida Pedro Barrié de la Maza "sen causa xustificada" a máis de catro quilómetros de distancia do seu domicilio.

A Policía, que explica que o home asegurou que viña de "facer a compra" sen portar mercadoría ningunha, xa fora denunciado en catro ocasións anteriores por incumprir o confinamento. Ademais, fora detido o pasado 4 de abril.

Ante estas cuestións, foi arrestado por un delito de desobediencia grave reiterada á autoridade e aos seus axentes no exercicio das súas funcións, despois de pór en risco innecesario a saúde pública.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta