A Xunta abre expedientes sancionadores a 3 persoas que practicaban pesca deportiva durante o confinamento

Nalgún caso, ademais, estaba prohibida a práctica desta actividade por veda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, iniciou esta semana a tramitación de tres expedientes sancionadores a persoas que se saltaron o confinamento e foron practicar pesca deportiva en varios ríos galegos.

Segundo informa a Xunta, os seus axentes ambientais están incluídos entre os servizos esenciais e habilitados para apoiar as tarefas de control e cumprimento do illamento social derivado do estado de alarma.

Neste sentido, en colaboración co Servizo de Protección da Natureza (Seprona), os efectivos da Consellería de Medio Ambiente presentaron esta semana tres denuncias por localizar a tres persoas que vulneraron o confinamento.

Un home pescando
Un home pescando | Fonte: Europa Press

SOBER

Por outro lado, a Garda Civil investiga a un home de 57 anos que foi interceptado a pasada xornada mentres conducía pola N-120, no municipio lugués de Sober, sen ningún motivo que xustificase o seu traxecto e coa licenza de condución caducada desde 2017.

Os feitos sucederon ás 17,30 horas do venres, cando os axentes da Garda Civil atopábanse realizando un punto de verificación de persoas e vehículos. Alí, os axentes deron o alto ao condutor, que alegou que se dirixía ao Hospital de Monforte de Lemos (Lugo) para acudir a unha cita médica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta