A xustiza ponse dura e manda a prisión directamente aos que incumpren reiteradamente a corentena

Foi o que lle aconteceu a dous veciños da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2020 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 8 da Coruña decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para un home que foi detido o pasado 9 de abril por incumprir en cinco ocasións a orde de confinamento do Goberno estatal.

Segundo explicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home xa fora condenado polo mesmo delito ese mesmo día pola mañá no mesmo xulgado. Naquela ocasión, acordara coa Fiscalía cumprir seis meses de prisión tras ser interceptado o día antes --8 de abril-- na avenida Pedro Barrié da Maza.

Ese mércores, cando os axentes da Policía Local déronlle o alto na vía pública, puideron comprobar que o home xa fora sancionado en catro ocasións por incumprir as normas de confinamento, polo que procederon á súa detención. Ao día seguinte, xoves, pasou a disposición xudicial e coa Fiscalía acordou unha pena de seis meses de cárcere polos que non tiña que ingresar en prisión e quedou en liberdade. Pero durante a mesma xornada, preto das 22,20 horas, foi localizado na rúa Barcelona sen motivo xustificado.

QUINTA VEZ

Esta foi a quinta vez que a Policía o atopou cometendo un delito. Esa noite pasouna nas dependencias policiais e o 10 de abril, venres, volveu pasar a disposición xudicial. Alí non chegou a ningún acordo coa Fiscalía, polo que a xuíza emitiu un auto no que decretou o seu ingreso en prisión xa que esta última detención "non pode valorarse illadamente, senón tendo en conta a condena anterior".

Para a maxistrada de garda os feitos probados anteriores e a terceira detención "polo mesmo motivo" fan que "a súa conduta mereza a cualificación de grave", sobre todo "tendo en conta o estado de alarma" no que se atopa todo o país. Aínda así, o 28 de abril está previsto que se celebre no Xulgado do Penal número 1 da Coruña un xuízo oral para ditar sentenza sobre estes delitos.

MESMO DELITO NA CORUÑA

Por outra banda, o mesmo xulgado tamén abriu un xuízo oral esta semana polo mesmo motivo contra outro veciño da cidade. Nesta ocasión, o sospeitoso foi detido o 8 de abril na rúa Newton por ser o presunto de autor dun delito de desobediencia grave.

En concreto, os axentes interceptárono e puideron comprobar que xa fora sancionado por estar na rúa sen xustificación e que era un feito que se produciu tamén o día anterior.

ACEPTA MULTA DE 600 EUROS

Outros xulgados galegos traballan estes días co fin de salvagardar a normativa vixente debido ao estado de alarma. É o caso do xulgado de instrución número 2 de Ribeira que condenou a un veciño da Pobra do Caramiñal ao pago de 600 euros de multa por un delito continuado de desobediencia, co agravante de reincidencia.

Un acusado ante un tribunal
Un acusado ante un tribunal | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Da máxima libertade á máxima escravitude ! Levamos 29 días arrestados polo morro e aínda queren meternos en prisión ? Este Goberno vai da democracia cara á TIRANÍA ! Onde están as súas responsabilidades polos 16.000 mortos ? Seica os mortos os poñemos nós gratis, mentras eles poden multar e perseguir a toda a poboación ? Esto non é un Estado de Alarma Sanitaria, esto estase a converter nunha DICTADURA !!!