Os delincuentes aproveitan a corentena e levan ata un banco de madeira do centro de Coirós

"Actuaron con nocturnidade e aleivosía contra as medidas para conter a enfermidade", denuncia o rexedor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2020 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

O Concello de Coirós (A Coruña) denunciou, no marco do estado de alarma pola crise sanitaria, o roubo dun banco do mobiliario público na parroquia de Santiago de Ois que estaba ancorado con formigón.

Segundo informou o Consistorio de Coirós nun comunicado, o banco atopábase instalado no centro do núcleo de poboación e, "na noite do venres ao sábado, desapareceu". O moble subtraído era de madeira e estaba ancorado ao chan con bases de formigón, polo que, subliñan as mesmas fontes municipais, "os ladróns tiveron que empregar un tempo considerable para poder levarllo".

Respecto diso, o alcalde de Coirós, Francisco Quintela, denunciou o roubo e lembra aos veciños que "os delincuentes aproveitan a grave situación causada pola pandemia de coronavirus para cometer fechorías, como neste caso", no que, abundou, "actuaron con nocturnidade e aleivosía contra as medidas para conter a enfermidade". Neste sentido, o rexedor pediu que se se observa "algunha conduta sospeitosa", sexa posta en coñecemento das autoridades.

Unhas xubiladas sentadas nun banco
Unhas xubiladas sentadas nun banco

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta