Quen pode pertencer ao equipo de expertos da Xunta a nivel económico?

Os xestores administrativos ofrécense ao Presidente da Xunta para sumarse ao equipo de expertos que asesorará ao Executivo galego para saír da crise do COVID-19 Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/04/2020 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Hai uns días, a Xunta anunciaba que o expresidente da Xunta Fernando González Laxe, o catedrático Santiago Lago, a vicegobernadora do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa ou cargos de empresas como Inditex e Reganosa, entre outros, estarían entre o grupo de expertos seleccionados para formar parte da comisión económica que asesorará ao Goberno galego para reducir o impacto da crise provocada pola COVID-19.

Reunión do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, con clústeres e asociacións de empresarios para a redistribución de máscaras. XUNTA
Reunión do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, con clústeres e asociacións de empresarios para a redistribución de máscaras. XUNTA

A raíz desta selección, os Xestores Administrativos de Galicia dirixiron unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para transmitirlle a necesidade de que este colectivo profesional estea presente nesa comisión de expertos.

Na devandita misiva, a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, trasladou ao presidente do Executivo galego a conveniencia de poñer ao dispor da Xunta de Galicia “a experiencia e coñecemento que a representación do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia pode achegar á hora de perfilar e avaliar as medidas económicas, laborais e fiscais que se vaian a adoptar”.

A presidenta do Colexio tamén sinala na carta que “como representantes ante a Administración de miles de pemes e autónomos, así como de persoas vulnerables necesitadas de axuda para relacionarse telemáticamente coa Administración nesta excepcional situación, podemos ser transmisores de primeira man dos problemas prácticos e cotiáns que a xestión das distintas medidas pode ocasionar e asesorar para a maior eficiencia e servizo aos cidadáns da futura actuación a desenvolver pola Xunta de Galicia”.

Os Xestores Administrativos tamén consideran que a súa presenza neste gabinete axudaría a deseñar as máis idóneas e eficientes medidas administrativas, económicas e de orde social para particulares e empresas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta