'Libresnacasa': a campaña de apoio a menores LGTBI+ durante o confinamento

Moitas persoas do colectivo non contan co "respecto, agarimo e acompañamento" das súas familias, coas que "deben convivir 24 horas" ao día, explican dende Arelas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2020 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A asociación de familias e menores trans Arelas puxo en marcha unha campaña para trasladar o seu apoio, a través das redes sociais, aos menores do colectivo LGTBI+ que estes días deben pasar o confinamento, en moitas ocasións, con familias que non os aceptan.

A través dun comunicado, a asociación lembrou que nos últimos días se ha falando moito da difícil situación que pasan os menores por esta confinados, así como os riscos dos problemas económicos ou as situacións de violencia asociadas.

A esta situación, explicaron, súmase para moitos menores LGTBI+ o feito de que non contan co "respecto, agarimo e acompañamento" das súas familias, coas que "deben convivir 24 horas" ao día.

Por iso, Arelas puxo en marcha a campaña 'Libresnacasa' e pediron a colaboración da sociedade para difundir a través das redes sociais unha mensaxe de apoio aos menores deste colectivo. "Para que saiban que teñen o noso apoio e que, aínda que non poidan saír á rúa, en certo xeito poden ser libres na súa casa a través do noso recoñecemento", engadiron.

Un menor mirando pola ventá durante o confinamento.
Un menor mirando pola ventá durante o confinamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta