Sánchez anuncia o "desconfinamento" dos nenos desde o 27 de abril e unha nova prórroga do Estado de Alarma

Destaca que que o confinamento duraría ata o 9 de maio, pero subliña que non será igual e irase levantando por fases. A desescalada poderá ser diferente dependendo de cada territorio.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/04/2020 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que volverá pedir ao Congreso unha nova prórroga do estado de alarma, a terceira, que se prolongará ata o 9 de maio, pero aliviará o confinamento dos nenos a partir do 27 de abril.

"Tras consultar con especialistas en psicoloxía infantil e pediatría, os expertos consideran que é posible aliviar o confinamento dos nenos a partir do 27 de abril", afirmou Sánchez nunha comparecencia en Moncloa.

O presidente do Goberno explicou que o novo estado de alarma non será igual e ser irá levantando por fases despois de que os españois desen "unha lección exemplar" e fosen "os cidadáns occidentais que con máis rigor cumpriron as restricións.

"Co sacrificio de todo logramos conter a propagación do virus", subliñou Sánchez, quen insistiu en que "os logros obtidos aínda son insuficientes e fráxiles" para levantar o confinamento de forma absoluta para toda a poboación.

Rolda de prensa de Pedro Sánchez tras o Consello de Ministros. MONCLOA
Rolda de prensa de Pedro Sánchez tras o Consello de Ministros. MONCLOA

DESESCALADA

Sánchez afirmou que a desescalada non ten por que ser homoxénea en todo o Estado, nin por comunidades autónomas nin por provincias e que se ven retrocesos nalgunhas zonas reaccionarase "en termos negativos, pero tamén positivos".

Neste sentido, explicou que haberá distintas respostas dependendo das características de cada territorio: "A desescalada non ten por que ser homoxénea. As realidades son distintas", indicou en rolda de prensa en Moncloa.

"Se vemos que a pandemia está controlada nun territorio podemos ir máis rápido", subliñou.

Sánchez indicou que foi "un acerto" que a resposta ao estado de alarma fose homoxénea e uniforme en España. "Fixémolo con máximos niveis de esixencia para atallar a pandemia nos territorios onde máis forte atacaba. Outros territorios que non tiñan extensión do virus tan pronunciada hoxe ven beneficiados", declarou.

"Isto significa que na desescalada teñamos que dar resposta homoxénea? Eu creo que non. Poderemos dala diferente, asimétrica. Non ten por que ser por comunidades, nin sequera por provincias".

Ademais, lembrou que as decisións non serán "definitivas". "Se vemos retrocesos en municipios ou territorios, revisaremos e reaccionaremos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Gamela

Os 60 peores días das nosas vidas ! E vamos a seguir regalándolle un Goberno Inmerecido ? Este colleulle gusto aos Decretos (agora pasearemos os nenos coma se foran cans!) pero coidado que a policía seguirá preguntando a onde vas e de onde vés, e ai de tí como se che ocorra dicirlle que xa está ben de meter as narices onde non lle importa... porque durante os 60 días as multas seguirán tendo un único obxectivo: "amaestrar á poboación" para que non se lle ocorra abrir a boca nunca máis ! Esto ten un nome: Estado Autoritario ! Aqui vos deixo as minutas do Ministerio do Interior : https://vigohoy.es/el-ministerio-de...

1 Viravento

Apuf, meu rei... Se non che chega o río, tírate ao mar. Non por repetilo un centro de veces vas convencer a ninguén, unha situación excepcional require medidas excepcionais. Ou os médicos tamén son uns perigosos golpistas?

2 King

A ver tú, que eres tan iluminado, como farías entonces para controlar que o estado de alarma se cumpre, sin o apoio de policía e militares. Se non existe alguén que controle, e unhas multas a impoñer, a sociedade tomaría esto como un auténtico cachondeo. Ao mellor ti o cumpres, pero se non se limita e se multa, a maioría da xente non predica co exemplo

3 Braisiño

Ti que farías? Dános as túas receitas, a ver que tal?

4 José

Vaia dose que levas, mira a quilla do bote, que fai agua..

5 Gamela

Nin aos médicos nin ás enfermeiras lles chegan os materiais necesarios ! Tardaron TRINTA E SETE dias en entender que multiplicar as probas (test + PCRs) era o único camiño para localizar os FOCOS e protexer á poboación (?) Se teño que vivir nun Estado Autoritario (China) para evitar unha infección por coronavirus, case mellor póñome o primeiro da lista para pillar o virus e morrer cedo! Esta morte lenta, que se prolongará meses ou anos (díllo á policía) non ten nada que ver co virus, nin coa pandemia ! Ten moito que ver cos problemas de PODER dun langrán que habita na Moncloa! O que non comprendo é como os demáis (UP-ERC-PNV-BNG-Cs-PP) son tan SUMISOS como para que ninguén diga BASTA DE AUTORITARISMOS !!! Mezclara churras con merinas non resolve ningún dos dous problemas: o sanitario e o económico ! Se non nos mata o virus o fará o goberno! Eu prefiro que me mate o virus, é moito máis NATURAL !!!