A USC acolle a defensa das dúas primeiras teses en liña

A Universidade de Santiago considra un "éxito" a experiencia de poder defender dous traballos académicos mediante a rede para sortear as limitacións de mobilidade da situación actual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

Unha ducia de investigadores da USC solicitaron xa defender a súa tese doutoral a través do sistema de videoconferencia habilitado pola universidade santiaguesa, un mecanismo pensado para sortear as limitacións de mobilidade da situación actual e que foi estreado por dúas doctorandos que obtiveron a máxima cualificación académica.

As primeiras defensas 'en liña' supuxeron "un éxito" tanto polo traballo desenvolvido polos investigadores como polo público congregado para seguir a presentación, segundo destaca a USC nun comunicado remitido aos medios este luns.

Así, a tese 'Consumo Intensivo de Alcol e Cerebro Adolescente: Un estudo mediante neuroimaxe funcional', realizada por Samuel Suárez e codirixida por Fernando Cadaveira Mahía e Sonia Doallo Pesado; e a invesitigación 'DNA recognition with self-assembled peptide helicates', presentada por Jacobo Gómez e dirixida polos profesores Miguel Vázquez López e Marco Eugenio Vázquez Sentis, conseguiron a máxima cualificación de sobresaliente 'cum laude'.

A USC destacou o traballo levado a cabo pola Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e a área 'TIC' da entidade académica para liquidar as cuestións técnicas que implicaba compatibilizar a celebración dun acto académico aberto ao público co segredo da votación dos membros do tribunal.

Deste xeito, o equipo técnico optou por habilitar dúas salas 'en liña': unha aberta ao público que solicitara con antelación asistir á exposición e outra reservada para os membros do tribunal. En total, 80 persoas seguiron a través de Internet a defensa das dúas teses que inauguraron este sistema.

"A flexibilización da normativa dos estudos de doutoramento acordada nestas circunstancias excepcionais permite, ademais de dar continuidade ao calendario xa aprobado para a defensa de teses de forma presencial, contemplar as sesións de defensa telemática ou en liña como unha posibilidade real e viable nos casos que existan dificultades para reunir o tribunal ou mesmo para os investigadores estranxeiros procedentes doutras universidades aos que lles resulte moi complexo desprazarse exclusivamente ata a USC para formalizar a defensa da súa tese", sinalou a vicerreitora de Titulacións, María José López Couso.

Teletraballo na USC. USC
Teletraballo na USC. USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Enrique Castro

No me hagan reir....por favor.