O Defensor do Paciente pide máis transparencia con "toda" a información sobre a Covid-19 nun portal aberto

Solicitan que "se xustifique ou explique a importante desviación" da media de España respecto dos países da súa contorna en relación a número de contaxiados e falecidos; ademais de facer públicos os informes científicos sobre os que se adoptaron as distintas decisións para frear a epidemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O Defensor do Paciente formulou unha petición ao Goberno central e os distintos executivos autonómicos para que elaboren un portal de consulta aberta a toda a cidadanía no que figure "toda" a información sobre a Covid-19, desde as cifras de infectados, falecidos e comparativas coas defuncións doutros anos aos estudos científicos sobre os que se sustentaron as medidas adoptadas desde a administración para combater a epidemia.

Nun documento remitido aos Executivos central e autonómicos, o Defensor do Paciente insta os poderes públicos a "modificar a súa actitude" e ofrezan "transparencia" sobre as crises sanitarias e a súa xestión a través de información ao acceso de todo o mundo sobre a sitaución nos hospitais, as residencias de maiores, a dotación de material sanitario ou o monitoreo de datos sobre os cidadáns e os seus movementos.

En primeiro lugar, solicitan que "se xustifique ou explique a importante desviación" da media de España respecto dos países da súa contorna en relación a número de contaxiados e falecidos; ademais de facer públicos os informes científicos sobre os que se adoptaron as distintas decisións para frear a epidemia. Na súa proposta, o Defensor do Paciente expón a "centralización de toda a información" sobre a Covid-19 "nun portal de acceso público de fácil e comprensible consulta para o cidadán".

Nesta plataforma figurarían os diagnósticos e falecidos con coronavirus con base nun "método de reconto rigorosos" para todo o Estado no que estean reflectidos os casos confirmados, as solicitudes de test e motivo polo que "non se atendeu" a petición; o número de falecidos diagonosticados con Covid-19 e o de mortos con patoloxías compatibles ou sospeitosas de ser coronavirus.

Todo iso desagregado por localizacións xeográficas "xa que son de vital importancia para manter as medidas de illamento e valorar o número de persoas que son aínda susceptibles de infectarse". Ademais, o Defensor reclama unha estatística sobre os falecidos nos dous últimos anos por zona no período entre febreiro e a actualidade, así como cifras sobre o número de test realizados en cada comunidade e o volume de positivos e cifras de enfermos controlados telemática ou presencialmente en atención primaria.

MATERIAL E PERSOAL

En canto ao material, solicitan información detallada sobre os equipos adquiridos, cando, lugar de procedencia ou posibles incidencias rexistradas no proceso e que inclúa os casos de material defectuoso comprado e a súa posible repercusión nas arcas públicas.

Sobre o persoal, piden cifras sobre os casos de contagios e falecementos entre profesionais sanitarios e traballadores dos centros, así como información sobre o material, solicitudes "non atendidas e a súa xustificación" e os protocolos falicitados sobre o uso dos equipos.

RESIDENCIAS DE MAIORES

O Defensor do Paciente tamén solicita datos acerca da incidencia da pandemia nas residencias de maiores, un dos ámbitos máis afectados pola Covid-19. Deste xeito, instan a que na plataforma que expoñen figuren estatísticas sobre o número total de residencias e residentes antes da pandemia, a titularidade dos centros e as cifras de falecidos nos centros por coronavirus ou por patoloxías como insuficiencia respiratoria e/ou pneumonía de residentes.

Ademais, tamén reclaman aos gobernos que acheguen información sobre o material e medios que as administracións, central e autonómicas, proporcionaron a estas residencias para a prevención, diagnóstico e tratamento dos residentes; o número de pacientes usuarios trasladados e tratados a centros hospitalarios polo Covid 19 ou por síntomas relacionados; e a cantidade de falecidos en cada residencia desde xaneiro deste ano ata que conclúa a pandemia.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa. Pool
O ministro de Sanidade, Salvador Illa. Pool

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta