Cara a primeira cooperativa integral galega

Crear unha rede de alternativas económicas, sociais, culturais e vitais. Ese é o obxectivo desta nova entidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/12/2012 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Logo de meses de discusións e preparativos, o vindeiro domingo, 16 de decembro,  terá lugar en Ourense a 4ª asemblea do proxecto para a construción dunha cooperativa integral no noso país ou, como tamén din os seus impulsores, "mancomunidade galega".

O proxecto quere impulsar unha rede de alternativas económicas, sociais, culturais e vitais ás relacións que actualmente se dan entre o "Estado e a mercadoría", co obxectivo de construír en Galicia outro modelo social. 

"Conscientes de que nem desde as receitas do sistema, nem desde os seus partidos e instituiçons, hai saída à crise global que o capitalismo representa, as e os participantes nas três assembleias que até o de agora se tenhem celebrado trabalham na abertura dumha alternativa desde abaixo, coa intençom de pôr em andamento projectos que deam soluçons práticas e reais aos problemas e às necessidades do nosso povo, mas fazendo-o desde a participaçom, a cooperaçom e os valores de solidariedade e ajuda mútua que definirom historicamente as mancomunidades galegas", sinalan os impulsores.

Organigrama e funcionamento

Foi o pasado pasado 25 de xullo cando este movemento comezou a súa andaina baixo o título provisional de "galiza en mao común". A asemblea deste domingo ten como principal punto da orde do día a propia organización do proxecto. Nela deseñarase o organigrama e funcionamento da mancomunidade galega, e tamén se decidirá o nome definitivo con que o proxecto se presentará ante o resto da sociedade. Por iso, os organizadores fan un chamamento á participación activa de todas aquelas persoas interesadas na iniciativa. Para máis información galizaemmaocomum@gmail.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 adrián

A situación é explosiva. Mareado pola derrota electoral, o nacionalismo parlamentario pretende reproducir o seu esquema político de sempre e tenta canalizar no Parlamento a enerxía das masas. O independentismo soña no seu "ghetto" o soño da liberación nacional e dun socialismo abstracto, vitorea aos seus herois, ao mesmo tempo que non ten a suficiente confianza en si mesmo como para trenzar un diálogo aberto co movemento de masas e construír desde abaixo un Programa de Governo para unha Galiza Soberana. http://cronicasindepes.blogspot.com...

1 nimes

Non sei o que queres dicir con isto nesta nova. Adiante coa autoxestión !

2 Daniel

Vaites, eu pensando que Coren, Feiraco e Condes de Albarei ían asinar un acordo de colaboración e resulta que se trata doutra plataforma de abaixofirmantes.

1 Barbante