Pontevedra adáptase ás novas realidades empresariais do coronavirus

PonteLovers e a Asociación de Autónomos unen forzas no plan ‘Reinicia o teu Negocio’ con conferencias sobre posibilidades futuras de negocio.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/05/2020 | Actualizada ás 23:40

Comparte esta noticia

Un ciclo de sete encontros virtuais coa participación de expertos en xestión empresarial e asesoramentos individuais para 25 negocios ou microsectores son as principais propostas do plan de acción ‘Reinicia o teu Negocio’ (#PonteLoversPemes), impulsado conxuntamente pola plataforma #PonteLovers e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE).

A iniciativa, financiada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, desenvolverase entre a segunda semana de maio e finais de xuño, coincidindo coa fase 2 da campaña de recuperación das actividades comerciais de proximidade, e pretende dotar aos autónomos e ás pemes de ferramentas ante un futuro incerto.

A responsable do departamento municipal, a socialista Yoya Blanco, fai fincapé na importancia deste tipo de plans de acción concretos, xa que “todas as análises coinciden en que o mercado virou e, polo tanto tamén o fixeron os consumidores”. “Hai un novo cliente, afectado nos seus valores e comportamentos, que vai pedir cousas diferentes ás empresas. Hai un novo xeito de consumo, que vén dado por esa modificación de valores. Hai unha nova realidade dixital que vai moito máis aló de ter aberta unha web, tenda online ou redes sociais. E hai novas oportunidades de negocio que aparecen e outras que haberá que abandonar ou adiar”, subliña a edil.

A plataforma #PonteLovers e APE-Galicia busca axudar a pemes e autónomos a reflexionar sobre esa nova estratexia de negocio, individualizando caso por caso. Así, entre os obxectivos do plan ‘Reinicia o teu Negocio’ contémplanse os de entender a dimensión dos cambios que se produciron e potenciar a actitude de reacción inmediata, favorecer a reflexión estratéxica en cada comercio e activar e guiar de xeito individualizado ou por microsectores ás pemes de Pontevedra.

Unha autónoma traballa diante de varias pantallas de ordenador
Unha autónoma traballa diante de varias pantallas de ordenador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta