Temas: CRISE PIB

O Centro de Predición Económica prevé unha caída do PIB galego do 6,5%

A caída que Ceprede augura para Galicia está unha décima por baixo da baixada do 6,6% que prevé para o conxunto estatal.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/05/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O Centro de Predición Económica (Ceprede) prevé que o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia caia un 6,5% este ano, unha décima por baixo do retroceso que augura para o conxunto da economía española en 2020, que cifra nun 6,6%.

Liña de montaxe na planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo
Liña de montaxe na planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo | Fonte: PSA.

Aragón, Baleares e Cataluña, cun retroceso do 7,3% nos dous primeiros casos e do 7,2% no terceiro, son as autonomías que presentarán unha maior caída, para posteriormente recuperarse a economía estatal en 2021 ata niveis previos á pandemia do Covid-19.

Así se desprende do avance do Produto Interior Bruto en 2020, elaborado por Ceprede sobre a base dos datos do INE, que espera caídas xeneralizadas de todas as comunidades a partir do mes de marzo, cun pico de caída durante o segundo trimestre do ano, no que haberá retrocesos superiores ao 10% en moitas comunidades.

No entanto, apunta que estes retrocesos irán remitindo progresivamente ao longo do ano, aínda que en terreo negativo.

As maiores caídas rexistraranse en Aragón e Baleares, do 7,3% en cada caso, seguidos de Cataluña (-7,2%), País Vasco (-7,2%), Navarra (7-,1%), Madrid (-7,1%) e Canarias (-6,8%).

Por baixo da caída media nacional (-6,6%), situaranse Galicia (-6,5%), Comunidade Valenciana (-6,3%), Estremadura (-6%), Andalucía (-6%), Cantabria (-5,9%), A Rioxa (-5,9%), Castela e León (-5,6%), Asturias (-5,5%), Murcia (-5,1%) e Castela-A Mancha (-5,6%).

Temas: CRISE PIB
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta