VÍDEO: Primeiro aniversario da 'OPE Negra', o movemento que impulsou a loita pola dignidade das enfemeiras eventuais

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Hai hoxe un ano as enfermeiras eventuais de Galicia declarábanse en pé de guerra contra a súa precariedade laboral. Aquela declaración foi a coñecida como 'OPE Negra', coa que impulsaron unha campaña para acudir de negro á proba da Oferta de Emprego Público que se celebrou en Silleda o 12 de maio de 2019, na que se ofertaban 362 prazas para 8.734 aspirantes.

'OPE Negra' das enfermeiras nas oposicións en Silleda en 2019
'OPE Negra' das enfermeiras nas oposicións en Silleda en 2019 | Fonte: Enfermeiras Eventuais en Loita.

"Para a nosa profesión, aquela movilización do 12 de maio en Silleda marcaría un antes e un despois na nosa historia recente, e só era o principio do cambio que queriamos lograr", recordan agora desde o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita.

Co gallo do primeiro aniversario de 'OPE Negra', agora publican un vídeo marcado polos seus "recordos e sensacións neste último ano".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta