Aclaracións
Galicia Confidencial roga aos seus lectores que fagan o favor de non deturpar e utilizar identidades reais e correos de persoas que non teñen que ver con determinados comentarios que se teñen escrito nos foros deste medio electrónico. Nas últimas horas temos recibido o correo de dúas persoas que se teñen queixado por ser utilizado o seu nome ou correo electrónico sen a súa autorización. Agradeceriamos á persoa ou persoas que fan isto que se absteñan de volvelo a facer. Galicia Confidencial lembra o seu compromiso absoluto coa liberdade de expresión aínda que pide respeto para as persoas. Tamén puntualiza que non se fai responsable dos comentarios que se fan nos seus distintos foros. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.
Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/09/2005