EE.UU. enfróntase a outra pandemia; a praga das velutinas que comeza a facer estragos

The New York Times informou da morte hai uns días en Santiago dun home pola picadura desta vespa.

Por Galicia Confidencial | EE.UU. | 13/05/2020 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Estados Unidos segue inmerso na pandemia da Covid-19 e, aínda por riba, agora debe enfrontarse a unha nova ameaza, a vespa asiática ou vespa velutina que en Galicia leva xa causando estratos desde 2012.

Avespa velutina ataca unha abella
Avespa velutina ataca unha abella | Fonte: Danel Solabarrieta en Flickr.

Os principais medios norteamericanos levan informando nas últimas semanas sobre esta vespa. "É orixinaria de Xapón, poden chegar a medir 5 centímetros de lonxitude e ter unha envergadura duns 7,5 centímetros. Presentan unha coloración laranxa e marrón, son agresivas e posúen un potente veleno", apuntan no The New York Times.

Tal é o temor que está a causar xa a velutina que este xornal informou nas súas páxinas da morte hai uns días en Santiago dun home pola súa picadura. Un feito que xa non é normal aquí onde a vespa asiática causou xa a morte a máis de 15 persoas e en Xapón a preto de 50 ao ano.

Apicultores e expertos estadounidenses están preocupados polas colmeas de abellas do seu país, porque, como tamén aconteceu en Galicia, as velutinas son capaces de eliminar unhas colmeas de abellas en cuestión de horas grazas ás súas potentes mandíbulas. Segundo indicou The New York Times, o home que deu a voz de alarma da súa presenza en Estados Unidos atopábase no seu fogar cando viu que as súas abellas foran decapitadas.

Segundo o Departamento de Agricultura do Estado de Washington (WSDA), o primeiro avistamento verificado de avispones asasinos en América do Norte foi en Blaine, estado de Washington a finais de 2019. Investigadores da Universidade Estatal de Washington aseguran que as picaduras destas avispas poden chegar a ser letais para algúns humanos, mesmo se non son alérxicos ás abellas. Tamén explican que as picaduras son incriblemente dolorosas porque inxectan unha neurotoxina moi forte.

O perigo que supón este insecto para as abellas e para as persoas fixo que os científicos de Estados Unidos se teñan embarcado nunha procura a gran escala dos avispóns para evitar que se establezan no país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Xanti

Non estou certo de que sexa exactamente a velutina.

1 avelino

Non lera o teu comentario antes de escribir o meu. Concordo ca túa dúbida