Tras o incendio máis devastador da historia de Laza, un apicultor que viu como se esfumaba o seu traballo de anos nunhas poucas horas loita por reconstruír o seu negocio co pouco que lle quedou. "Eu o mel véndoo a 20 euros o quilo, polo que estamos a falar de 1.200 euros perdidos só nunha colmea, máis a colmea en si mesma, que son outros 300, de maneira que en total serían arredor duns 1.500 euros perdidos nun só caixón", detalla.
  comenta   3
Un novo estudo realizado por persoal investigador da Universidade da Coruña (UDC) conclúe que "non hai evidencia de que o uso de trampas reduza o dano" e que, ademais, "as trampas actuais teñen moi baixa eficacia e capturan moitos outros insectos beneficiosos".
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego (SLG) asegura que en 2024 a vespa velutina "adaptou o seu ciclo ao clima e os niños tiveron un desenvolvemento menor"
  comenta   0
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Neto, Adrián F. Tojo (CITMAGA e USC), e Iván Area (IFCAE e UVigo) publicaron o traballo de investigación na revista internacional 'Nonlinear Analysis: Real World Applications'. O modelo desenvolvido pode actualizarse en tempo real, o que permite a súa mellora, e iso é fundamental para analizar diferentes estratexias de control e para minimizar a propagación da especie.
  comenta   0
De abril a xuño a rapazada do concello poderá participar en roteiros, obradoiros, concertos e eventos lúdicos co obxectivo de fomentar a cultura, o coñecemento e o lecer en grupo.
  comenta   0
O Concello de Covelo explica que leva anos entregando de forma gratuíta trampas e líquido atraente a veciños. Nos últimos seis anos entregou un total de 1.200 trampas
  comenta   0