Un estudo da UDC destaca o "bo rendemento" das mallas para protexer os viñedos da avespa asiática

Advirte tamén que esta especie invasora podería levar ao abandono da produción a pequenos viticultores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2024 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Un estudo da Universidade da Coruña (UDC) respecto ao impacto da avespa asiática nos viñedos, con análises dos mesmos no municipio coruñés de Betanzos, destaca o "bo rendemento" das mallas para a súa protección. Segundo informa a institución educativa, o traballo, publicado na revista Agriculture, Ecosystems & Environment, aborda "por primeira vez" a cuantificación real dos danos causados por esta especie invasora en viñedos, así como ensaios de viabilidade do uso de mallas para protexer as uvas. A autora do mesmo é a investigadora Yaiza Rodríguez, baixo a dirección das doutoras María Amalia Jácome e María José Servia.

O estudo realizouse nun viñedo xestionado pola adega Pagos de Brigante e contou co apoio dos produtores da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Os resultados do traballo destacan "o bo rendemento das mallas, que tamén protexen fronte aos danos causados por paxaros", á vez que alerta "das posibles alteracións na maduración das uvas e da afección de fungos nunha das variedades estudadas", apunta a UDC.

E aínda que este sistema se revela como unha boa alternativa de protección", nas súas conclusións recolle as dificultades ás que se enfrontan os pequenos viticultores de zonas de produción históricas como a de Betanzos. Estas abarcan "desde a incerteza no retorno económico do investimento ou o aumento nas dificultades de manipulación das vides".

Por todo iso, o artigo advirte, entre outras cuestións, que esta especie invasora podería levar ao abandono da produción a pequenos viticultores.

Niño peregrina. UDC
Niño peregrina. UDC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta