UPyD tamén apoia aos afectados polas preferentes

O delegado territorial de Pontevedra deste partido acudirá á manifestación da plataforma Vigo Val Miñor en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/12/2012 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

Unión, Progreso e Democracia (UPyD), o partido que lidera Rosa Díez, tamén apoia as protestas dos afectados polas preferentes. Non é o único, todos as formacións parlamentarias, agás o PP, teñen defendido as reivindicacións deste colectivo. E, mentres, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apuntaba este xoves a que as súas manifestacións e protestas son manipuladas políticamente logo do que aconteceu no Parlamento o pasado mércores.

Canedo xunto a rosa Díez e o candidato de UPyD en Madrid
Canedo xunto a rosa Díez e o candidato de UPyD en Madrid | Fonte: UPyD

UPyD amosa o seu apoio á plataforma Vigo Val Miñor, formada por afectados as Participacións Preferentes e Subordinadas, e por iso acudirá á manifestación convocada para o día 22 de decembro. A ela asistirán á mesma o coordinador territorial electo do partido en Galicia, Gonzalo Fernández Piñeiro, e o coordinador local de Vigo, Pedro Larrauri Poboa, xunto con outros afiliados. 

"Responsabilidades" políticas

Esta formación insiste nun comunicado que declarou en repetidas ocasións que da crise das preferentes derívanse unhas "responsabilidades moi claras" do Goberno, o Banco de España, a CNMV ou as politizadas caixas de aforros, "que tiveron un primeiro rescate á conta dos clientes aos que colocaron estes produtos".

"A firme decisión desta formación política é esixir, e así o veu facendo até a data, a depuración destas responsabilidades que, xa sexan de tipo penal ou patrimonial, non poden ser eludidas sen máis por moitos cambios que se realicen na denominación, na forma xurídica ou no accionariado das entidades", denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 Antifascista

O que temos que facer nós é expulsar a estes fascistas (coa cara lavada) de todas as manifestacións ás que arrimen o fuciño. Esta incluida. Sen medias tintas.

3 antiburras

Por si non chegaba compartir manifestacións cos españolistas de AGE, agora tamén cos españolistas de UPyD. Españolismo fora de Galiza.

1 paburraxaestasti

Antiburras: O teu non ten cura

2 Ameneiro

POis non te escoitei dicer nada cando compartiches manifestación na defensa da pesca polo do Fletán con patriotas tan galegos coma Manuel Fraga e FE y de las JONS.

2 O Principe dos Mouros

Estes apúntanse a todas...

1 Manuel Barral

Coido que se os de UPyD acoden a manifestación do 22, moita xente vaise cuestionar a súa propia asistencia, entre os que me conto.