A Xunta segue sen fixar criterios de apertura das escolas infantís á espera de que o faga o Goberno central

Política Social avanza que para o vindeiro curso haberá unha gardería nas grandes cidades aberta ata as 20.00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2020 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

A rede de escolas públicas e concertadas de Galicia aborda o proceso de preparación para o novo curso, co prazo de inscrición aberto ata o día 29 de maio, á espera de que o Goberno central fixe uns criterios sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros tras as restricións do estado de alarma, unha competencia que Madrid deixou xa en mans das autonomías.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo este mércores unha reunión por videoconferencia cos responsables de varios centros da provincia que están a xerar novos contidos para acompañar aos máis pequenos durante o confinamento.

Neste contexto, Díaz Mouteira subliñou, como novidades para o próximo curso, a apertura ata as 20,00 horas de, polo menos, unha escola pública infantil en cada unha das sete principais cidades de Galicia, para fomentar a conciliación familiar.

Ademais, a delegada territorial da Xunta en Ourense lembrou que "será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos".

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo este martes unha reunión por videoconferencia con escolas infantís da provincia. XUNTA
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo este martes unha reunión por videoconferencia con escolas infantís da provincia. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta