A propia Xunta recoñece que haberá rebrotes no verán pola chegada de madrileños e casteláns

Sanidade ve "evidente" a posibilidade de que se produzan casos ante a chegada a Galicia de turistas doutros puntos con maior incidencia do virus, en alusión a Madrid e Castela e León.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/05/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade ve "evidente" a posibilidade de que se produza un rebrote de casos de Covid-19 en Galicia ante a chegada durante a época estival de persoas procedentes doutros puntos con maior incidencia do virus. Unha opinión coa coinciden con importantes epidemiólogos galegos, a pesar de que Feijóo decidiu poñer as eleccións na metade de xullo, cando supostamente Galicia teña recibido a primeira ondada de turistas.

"Canta máis xente veña, máis posibilidades hai". Así se pronunciaron cuestionados sobre os riscos da chegada a Galicia de turistas no verán os responsables do estudo de prevalencia do virus en Galicia, cuxos resultados foron presentados este mércores nunha rolda de prensa telemática por parte do director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares Rodríguez, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada Vidal.

Deste xeito, consideran que a posibillidad dun rebrote no verán "é un elemento evidente que preocupa", polo que cren necesario "mellorar o sistema de vixilancia" para actuar "o máis rápido posible" ante a detección de positivos e agrupacións de casos.

Ademais das medidas no campo asistencial, a "concienciación" sobre a necesidade de seguir as medidas de hixiene e distanciamento social será outro dos ámbitos nos que se centrará o traballo para evitar repuntes da incidencia do bacilo en Galicia durante os próximos meses.

Con todo, os responsables sanitarios da Administración autonómico incidiron en que precisar cando poderían darse estes rebrotes resulta nestes momentos "imposible". "É imposible dar unha predición de cando. Pero canta máis xente veña, máis posibilidades hai".

Turistas nunha terraza
Turistas nunha terraza | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Farta de todos!

A eles que lles deixen vir..., que moitos xa chegaron...., pero a nós que non nos deixen cambiad de provincia para ver á familia.... MEXAN POR NÓS E TEMOS QUE DICIR QUE CHOVE!!! 🤬🤬🤬🤬

4 Leo.

Esta noticia genera odio hacia los Madrileños. Aquí no pensamos que los Galegos están llenando Europa de coca, con más muertos. Y el dinero que gasten no vendrá mal a esa economía sumergida

1 Amancio

Mimá xa saíron os ofendidiños. Moita foto de Clint Eastwood no facebook ou no twitter e despois chorando nos comentarios como un universitario calquera do Podemos

2 Kastrexo

A fariña a papades porque queredes, e o yeso tamén. Non traiades peste. Era mellor que este verán non viñerades

3 Bernal Calvo Delaciga

Esta é a Xunta que Néstor Rego (BNG) quere que dirixa a "desescalada galega".

1 Amancio

É que Néstor Rego é comunista, mais sabe que se hai unha desfeita provocada pola inoperancia do goberno da Xunta os galegos podemos chimpar a Feijóo co noso voto e podemos pasar contas cos responsables. Mentres, a demora na acción do goberno de España que tanto che gusta provocou case 30.000 mortos e ti ainda os defendes.

2 lerdo

Ca! A finais de xuño a Xunta dirá que o axente de contaxio foi o pole e que a xente morreu por coller "un aire". Haberá unha solemne declaración de dúas horas na TVG onde Feijoo proclamará o seu erro: o coronavirus nunca existiu en Galiza

1 Sentidiño

Pois se os expertos o din, por qué non se prohibe a súa chegada? Votar non van votar... ah, que é por iso... o día 12 votamos, e logo cando veñan, e nos contaxiemos, pois a culpa foi do goberno de Madrid...