O BNG pide acumular as oposicións de profesorado de 2020 e 2021 nun único proceso

Néstor Rego reclamou ao Ministerio os cambios normativos necesarios para que se poida levar a cabo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, interpelou á Ministra de Educación e Formación Profesional, María Isabel Celaá, acerca das medidas que se adoptarán para solucionar o adiamento das oposicións do profesorado, e reclamou que se acumulen ditas oposicións de 2020 coas de 2021, nun único proceso baixo as mesmas condicións.

Rego reclamou que se tome esa medida para que as convocatorias de 2021 non se atrasen un ano, o que implicaría "moitos problemas" para a oferta de emprego aos opositores e atrasaría a súa incorporación como docentes.

A ese respecto, o deputado nacionalista reclamou ao Ministerio os cambios normativos necesarios para que se poidan acumular as probas.

Segundo lembrou o BNG, a mesa sectorial de Educación en Galicia, unha vez que a Xunta comunicou a súa decisión de abrir o prazo de inscrición para as oposicións de 2020 unha vez que se levante o estado de alarma (as probas faríanse en xuño de 2021), "asumiu o compromiso de esperar un tempo prudencial" para saber se o Ministerio está en disposición de harmonizar a normativa e poder así realizar as probas correspondentes a 2020 e a 2021 de forma conxunta.

O deputado de BNG, Néstor Rego, intervén no pleno do Congreso. Pool
O deputado de BNG, Néstor Rego, intervén no pleno do Congreso. Pool

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta