As UCI dos hospitais galegos rexistran 11 pacientes con COVID-19

O total de persoas co virus que se atopan en unidades convencionais de hospitalización pasou de 61 a 60.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 25/05/2020 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O número de pacientes con COVID-19 ingresados en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) de hospitais galegos baixou a 11 (un menos que hai un día), mentres que tamén se reduciu o total de persoas co virus que se atopan en unidades convencionais de hospitalización (de 61 a 60), segundo os datos traslados este luns pola Consellería de Sanidade.

Así, na área sanitaria de Santiago e Barbanza, hai 4 pacientes en coidados críticos do Hospital Clínico, mentres que outras 14 persoas permanecen ingresadas 'en planta' (11 no Clínico, 2 no Hospital da Barbanza e un na Rosaleda). O número de altas epidemiolóxicas é de 1.547.

Na área sanitaria de Vigo hai 3 pacientes na UCI (2 no Hospital Álvaro Cunqueiro e 1 en Povisa), ademais doutras 8 persoas en unidades de hospitalización convencional (6 en Povisa, unha no Álvaro Cunqueiro e unha en Vithas Fátima), e 244 casos en seguimento domiciliario. Nesta área xa se curaron do coronavirus 1.867 persoas.

Na área de Lugo, A Mariña e Monforte o número de pacientes en coidados intensivos é de 2, no Hospital Lucus Augusti, e outras dúas persoas están ingresadas 'en planta' dese mesmo hospital. Así mesmo, hai 54 persoas recuperándose nos seus domicilios, e os curados ascenden a 859.

Na área de Ourense, permanece na UCI un paciente, mentres que hai 15 persoas en hospitalización convencional (12 no Hospital Universitario de Ourense, 2 no Hospital Comarcal de Valdeorras, e unha no Hospital de Verín). O número de casos en seguimento domiciliario é de 111 e o de curados alcanza os 1.736.

A CORUÑA, PONTEVEDRA E FERROL

Por outra banda, a área sanitaria da Coruña e Cee, por primeira vez desde o pasado 10 de marzo, non rexistra ningún paciente en coidados intensivos, mentres que hai 17 pacientes 'en planta' (16 no Complexo Hospitalario Universitario e 1 no Hospital Modelo).

Na área de Pontevedra e O Salnés, hai un paciente na UCI e ningún 'en planta', ademais de 35 casos en seguimento domiciliario. O número de persoas curadas ascende a 830.

Finalmente, na área de Ferrol, quedan 4 pacientes hospitalizados, aínda que ningún na UCI. Así mesmo, hai 22 persoas recuperándose nos seus domicilios, e as altas epidemiolóxicas suman 550.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta