Detido un home pola morte do xerente dun bar de Ourense hai case catro meses

O home está á espera de pasar a disposición xudicial.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/05/2020 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A investigación iniciada a principios do mes de febreiro levou á detención este luns dun individuo como presunto autor da morte do xerente do Bar Novo en Ourense, que permanece á espera de pasar a disposición xudicial nas próximas horas.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, que está baixo segredo de sumario, o arresto foi froito das pescudas da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional. Está previsto que pase a disposición xudicial entre este mércores e o xoves.

En concreto, a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional, tras ter constancia da morte deste home o 6 de febreiro, investigou a morte violenta do home que rexentaba o Bar Novo, situado no casco antigo da cidade de Ourense.

Os feitos sucederon sobre as 20,30 horas do 5 de febreiro no Bar Novo. A vítima, que rexentaba o establecemento hostaleiro, atopábase falecido e presentaba feridas por arma branca e golpes. O establecemento hostaleiro, situado na rúa Colón, estaba pechado ao público cando os axentes da Policía Nacional chegaron ao lugar e constataron que o home estaba morto.

Detención Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
Detención Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta