Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/05/2020 | Actualizada ás 10:23
Aínda queda un mes para comezar o verán e xa comezaron os grandes lumes en Galicia. Así, entre a tarde deste martes e este mércores producíronse diferentes focos sendo os máis importates o de Bens, na Coruña, e o de Mondariz, en Pontevedra.
O máis importante queimou, polo momento, 21 hectáreas en Mondariz. Tal e como recolle Xornal de Vigo, o lume comezou na parroquia de Santa María de Gargamala sobre as 00,06 horas e quedou controlado ás 9,28 horas deste mércores.
O outro, afectou a trece hectáreas, en Bens, no Concello da Coruña, segundo datos achegados polo consistorio coruñés. En concreto, orixinouse este martes na zona máis próxima a O Portiño, pasada a depuradora de Bens.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.