A cultura pode "colapsar" se as institucións non invisten no sector

Existe unha gran preocupación nos profesionais galegos por como cumprir os deberes económicos e pola necesidade de contar con información sobre reprogramación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Expertos e profesionais do ámbito cultural destacaron a importancia de manter o investimento neste sector ante o "risco" de que "colapse" tras a crise da COVID-19. Así o expresaron durante a segunda sesión do ciclo 'Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a COVID-19?', organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e que puxo o foco en coñecer que se estaba facendo noutros territorios do Estado nesta materia.

Nesta sesión participaron expertos como Mª Camino Barcenilla, da Dirección Xeral de Cultura do Goberno de Navarra, e Pau Raussell, responsable de Econcult, quen explicou que "o verdadeiro risco é que a retirada de investimento posibilite o colapso do tecido cultural".

Marián Fernández, xestora cultural en O Cable Inglés, foi a encargada de moderar esta cita titulada 'Reflexións inspiradoras', que puxo sobre a mesa cales debían ser as estratexias para protexer o tecido cultural. Así, para Mª Camino Barcenilla a clave está en "dar amparo legal á política cultural ao mesmo tempo que se mantén a programación", o que supón "xerar formatos e facer mapeos dos sectores culturais e artísticos dentro dos protocolos de seguridade". Na súa opinión, "é un bo un momento para facer mapeos e observar o tecido asociativo e os profesionais que emerxen con propostas innovadoras".

Pau Raussel, pola súa banda, destacou que o consumo cultural "debe ser tamén un consumo ideolóxico" do que o cidadán debe ser consciente e non derivar toda a responsabilidade nas administracións. Por iso, e partidario dunha campaña que promova o consumo cultural. "Se nós non alimentamos a cultura que queremos consumir, acabaremos consumindo a cultura que as grandes empresas e mainstream queren que consumamos?, engadiu.

A unidade investigadora que dirixe Pau Raussel avanzou parte dos resultados dunha enquisa a axentes culturais para analizar o impacto da COVID-19. Aínda que aínda non ten resultados concluíntes, apréciase que existe unha gran preocupación nos profesionais galegos por como cumprir os deberes económicos e pola necesidade de contar con información sobre reprogramación.

Fotos Xunta Cultura Representantes Do Sector Turístico. Xunta de Galicia
Fotos Xunta Cultura Representantes Do Sector Turístico. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta