A Xunta activará unha aceleradora de proxectos para achegar solucións á COVID-19

Tamén convoca axudas por 300.000 euros para a preprodución e difusión do audiovisual galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A Xunta activará unha aceleradora de innovación específica para proxectos que acheguen solucións fronte ao coronavirus. Neste sentido, poñerase en marcha unha aceleradora de innovación que busca intensificar a transferencia ao mercado de solucións innovadoras para dar resposta á demanda social e industrial.

O conselleiro mantivo este xoves unha reunión telemática con empresas do sector, na que tamén informou de que a Xunta apoia con 750.000 euros oito proxectos innnovadores que permitirán desenvolver cabinas esterilizadoras e respiradores autónomos, así como usar drones para desinfección.

A esta chamada presentáronse 160 proxectos, dos cales o Goberno galego vai apoiar oito con esta achega económica.

Francisco Conde en reunión por videoconferencia. XUNTA
Francisco Conde en reunión por videoconferencia. XUNTA | Fonte: Europa Press

AXUDAS AO SECTOR AUDIOVISUAL

Doutra banda, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves dúas convocatorias de axudas para impulsar o audiovisual galego na fase de desenvolvemento de proxectos e na produción internacional a través da asistencia a mercados e foros por un importe conxunto de case 300.000 euros.

Segundo informou a Consellería de Cultura e Turismo nun comunicado, ambas as liñas se enmarcan no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da COVID-19 e, xunto coas vixentes subvencións a producións e coproducións audiovisuais dotadas con 2,5 millóns, garanten o acompañamento nas diferentes etapas que transcorren nesta industria ata a chegada dos produtos ás pantallas.

A convocatoria, para a que o prazo de solicitude manterase aberto ata o próximo 29 de xuño, establece que cada empresa solicitante pode resultar beneficiaria nun máximo de dúas propostas e que a axuda poderá cubrir ata un 75% do orzamento subvencionable sobre o total de cada unha.

O obxectivo final é facilitar que as produtoras poidan asumir o proceso de desenvolvemento de varios proxectos de forma simultánea nunhas condicións óptimas e cunha gran calidade.

Xa de cara á súa posterior rodaxe, postproducción e exhibición, nos anos seguintes estes mesmos títulos poden optar ás citadas subvencións autonómicas para producións e coproducións e para a súa difusión e mercados e mostras, ademais doutros fondos estatais e europeos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

aí, aí acelerando proxectos!!! pero dos guais eh¡¡¡ Tipo Baltar en ourense co coche eléctrico que van xa uns dez anos que dixo que ia crear maís de 2000 empleos ( pensemos que la planta de barcelona de las mejores de europa tiene 2000 empleos) pero qué máis da 2000 ou 5000 empregos a lo loco ....