1. A min tampouco me chista nadiña a estética do señor fiscal, pero non vexo que terá que ver o ben ou mal que faga o seu traballo con que na cabeza leve gomina ou unhas rastas.
2. Dase por sentado que o señor fiscal avisou a prensa. ¿Por qué a misma prensa non di quen lle pasou o aviso?. ¿Non é verdade que na Diputación xa estaban enterados con dous días de antelación da intervención xudicial?.
3. Un traballador, pobriño el, levárono esposado. ¿Sabe alguén se o tal currante puxo pegas, resistiuse ou mandou a paseo directamente ao señor fiscal?.¿Non será que hai un clan que se cre, con razón, por riba da Lei?.