Penurias e falta de persoal na residencia de maiores de Castro Ribeiras do Lea

A CIG denunciou este luns a "preocupante situación asistencial" que se dá na residencia de maiores de Castro Ribeiras do Lea, en Castro de Rei, e que relacionan coa política da empresa que xestiona o centro "ao non facer contratacións para substituír ao persoal que está de baixa, vacacións ou excedencia".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 12/05/2025 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A CIG denunciou este luns a "preocupante situación asistencial" que se dá na residencia de maiores de Castro Ribeiras do Lea, en Castro de Rei, e que relacionan coa política da empresa que xestiona o centro "ao non facer contratacións para substituír ao persoal que está de baixa, vacacións ou excedencia". "Isto provoca que o resto do persoal teña que asumir unha sobrecarga de traballo brutal e, o máis grave, a desatención das persoas residentes", detallou a central sindical nunha nota de prensa.

Neste sentido, denunciou que a política da empresa consiste en cubrir estas ausencias co persoal de apoio que está previsto para cubrir incidencias puntuais ao longo do ano. En concreto, explicou que a falta de profesionais afecta especialmente as categorías de enfermaría e xerocultora, "chegouse mesmo ao extremo de permanecer 24 horas sen presenza de persoal de enfermaría".

As delegadas da CIG advertiron das consecuencias que pode ter para a saúde dos residentes a falta de atención, "xa que se poden producir úlceras ou irritacións, ademais do malestar e a incomodidade que implicar estar toda a noite na mesma postura". "É un dereito das persoas residentes recibir unha atención digna e en condicións de calidade, non se pode abandonar deste xeito ás persoas usuarias", subliñou a central sindical. Por todo iso, instan á Consellería de Política Social a "asumir as súas responsabilidades".

Con todo, denunciaron que a falta de persoal esténdese a outras categorías como fisioterapia, "que está sen cubrir e as persoas usuarias non poden recibir a rehabilitación que necesitan". De feito, relatou que hai persoas que están a recibir tratamento no HULA e envíanos de volta á residencia asegurando que alí continuarán coa rehabilitación, pero é mentira, porque non hai fisioterapeutas".

Residencia de anciáns Castro Ribeiras do Lea, en Castro de Rei
Residencia de anciáns Castro Ribeiras do Lea, en Castro de Rei | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta