Por Santiago pasarán, entre outros, o gañador dos Grammys ao mellor álbum de blues contemporáneo, Fantastic Negrito; os canadenses The Sheepdogs, que abren en Compostela a súa xira europea; e a californiana Shannon & The Clams. O festival celebrarase do 31 de outubro ao 23 de novembro.
  comenta   0
"A Unión Europea está promovendo investigación orientada á política, que implique á cidadanía, tanto na xestión da enerxía como da transición enerxética e nos espazos, pero na práctica, xa sexa a nivel local, rexional ou nacional, sempre vemos que isto non acaba de acontecer", afirma o tamén exdeputado do Parlamento español.
  comenta   0
Non estaba nos plans de Cristian Mayor e Jose Pejo, os dous únicos membros da comisión de festas de Pasarela, pero "cando nos chamou o axente da París hai cousa duns días para dicirnos que lles quedaba libre a data pensamos que oportunidades así non se poden desaproveitar".
  comenta   0
Dos sete servizos que se incorporan de luns a venres á oferta do autobús interurbano, cinco conectan A Coruña e Sada con paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue, en Sada, e dúas forman parte de liñas entre A Coruña e Lorbé, en Oleiros.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, agradeceu aos máis de 850 axentes do Sector de Tráfico da Garda Civil por "salvar vidas nas estradas" durante os seus 65 anos de servizo.
  comenta   0
Remitiu un escrito ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, para pedir melloras no seu programa de emprego para favorecer o regreso de galegos no exterior, o Retorna Cualifica Emprego, de cara á súa nova edición de 2024.
  comenta   0
"Comprouse totalmente o relato da avogacía do Estado e cremos que o Constitucional debe de ter en conta o amparo porque os estudos socioeconómicos e ambientais pedidos pola plataforma tanto ao Instituto Español de Oceanografía como ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Pesca non se tiveron en conta como proba", manifestou respecto diso este luns, Adolfo García Méndez, vicepresidente da plataforma e presidente das confrarías de Asturias.
  comenta   0
Actualmente pertence ás filas da orquestra Los Españoles e dende este venres entra a formar parte do programa 'Recantos' da TVG. "Galicia e os galegos merecen que cante en galego, porque déronme tanto que eu quixera poder devolverllo dalgunha maneira, e esta é unha forma bonita de facelo", afirma.
  comenta   0
A conselleira de Economía solicita ao vicepresidente de Compras de Stellantis en Europa, Yann Martin, que se teña en conta aos provedores galegos en futuras contratacións.
  comenta   0
O secretario do comité de Renfe na Coruña critica que case ningún traballador puido facer folga debido a servizos mínimos que na práctica alcanzaron case o 100%.
  comenta   0
O emprego do JALI para adaptar o movemento dos labios de cada personaxe ao idioma e o 'motion capture' para conseguir movementos hiperrealistas son algunhas das técnicas que destaca David Cordero, parto do equipo de desenvolvemento deste videoxogo en CD Projekt.
  comenta   0
Rueda agarda que o Consello de Política Fiscal e Financeira non sexa só para informar "de reparticións" de fondos "previamente acordados con comunidades autónomas concretas".
  comenta   1
Ao máis puro estilo Banksy, este artista urbano busca conservar a súa "liberdade expresiva", cunha "proposta reivindicativa e reflexiva sobre o que acontece no día a día".
  comenta   0
Galicia reclama claridade e menor inxerencia do Goberno na asignación de recursos para políticas activas de emprego 2025.
  comenta   0
O novo plan rexional buscará a mitigación das emisións, a protección da biodiversidade e a redución do impacto climático na saúde.
  comenta   0
Alfonso Villares destaca os logros científicos e tecnolóxicos de Anfaco no primeiro semestre de 2024, grazas ao convenio de colaboración con Xunta.
A maioría de traballadores afectados polos axustes, 97, mostraron o seu interese en incorporarse ao equipo de fin de semana do sistema 2 (o que monta as furgonetas), o que xunto a outras mobilidades (cambios desde a quenda de noite do sistema 1 a outras quendas), fai innecesario realizar ningún traslado de quenda obrigatoria.
Os populares esixen respostas porque argumentan que esta situación "pon en risco a continuidade da actividade da factoría e, con ela, de postos de traballo directos e indirectos".
  comenta   0
Prevé promover iniciativas como o Programa Retorna Cualifica Emprego, unha proposta que oferta postos de traballo aos descendentes de migrantes galegos que queiran establecerse laboralmente en Galicia.
  comenta   0
O arquitecto responsable da rehabilitación, David Chipperfield que di que quere desenvolver o proxecto "da forma máis responsable posible, combinando urbanismo, arquitectura, medioambiente e sustentabilidade".
A Deputación de Ourense homenaxeará este 8 de xullo ás mulleres viticultoras da provincia no marco da iniciativa '8M, mes a mes', que recoñece ás mulleres con profesións "altamente masculinizadas ou de gran relavancia ao longo da historia".
  comenta   0
"O éxito do programa de transplantes do Chuac na Coruña é o traballo en equipo. Nun só transplante traballan moitísimas persoas con diferentes responsabilidades, todas importantes por simples que parezan", subliñou.
  comenta   0
O alcalde de Arbo destacou que a cooperación transfronteiriza é un dos medios "máis eficaces" con vista á aproximación das poboacións fronteirizas, "suprimindo as dificultades que implican todas as fronteiras".
  comenta   0
O concello vén de abrir a convocatoria para inscribirse neste mercado de artesanía que terá lugar o día 8 de setembro.
  comenta   0
A OMS clasificou o talco como "probablemente carcinóxeno" (grupo 2A), sobre todo para cancro de ovario; aínda que as probas son limitadas para seres humanos.
  comenta   0
Entre as temáticas: 'La Casa de Papel: Berlín', 'Cyberpunk 2077', 'HALO', 'Indiana Jones' ou 'La sociedad de la nieve'. "Este é un lugar no que os 'frikis' podemos compartir as nosas ideas, aquí todos somos 'frikis'", aseguran dende a organización do evento.
O conselleiro reúnese cos directores e orientadores destes centros na provincia da Coruña e resalta o seu "imprescindible labor"
  comenta   0
O Executivo impulsará modificacións lexislativas para clarificar a capacidade de decisión das comunidades de veciños sobre a instalación de pisos turísticos, respondendo ás preocupacións polo aumento de prezos no aluguer residencial.
  comenta   0
O goberno local esgrime que se buscou o período de "menor afectación" para o barrio e o PP cre que lle falta "moita humildade".