Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese "sen perder nunca as súas raíces"

Os populares galegos reivindícanse como o partido que "máis se parece a Galicia" nun acto na Ribeira Sacra con motivo do 25 de xullo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/07/2024 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este martes, en vésperas do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a Comunidade, consistente en seguir facendo de Galicia unha "terra traballadora, aberta ao mundo, solidaria, que progresa e que nunca perde as súas raíces".

Nun acto celebrado no miradoiro do Cabo do Mundo, no concello lucense do Saviñao, o líder dos populares galegos afirmou que poucos lugares poderían ser tan simbólicos como a Ribeira Sacra, candidata a ser declarada como Patrimonio da Humanidade,  para escenificar o que "é Galicia" e o que queren que "siga sendo".

"Somos o partido que máis se parece a Galicia e queremos seguir demostrándoo non só na véspera do noso día grande, senón os 365 días do ano. E queremos facelo con traballo e unión, movéndonos polos intereses dos galegos e das galegas moito máis que polos intereses partidistas", sinalou para avogar por construír, entre todos, un proxecto común "no que non sobra ninguén".

Acto dos populares galegos na Ribeira Sacra con motivo da celebración do Día de Galicia. ÍÑIGO ROLÁN /PPDEG / Europa Press
Acto dos populares galegos na Ribeira Sacra con motivo da celebración do Día de Galicia. ÍÑIGO ROLÁN /PPDEG / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta