Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2020 | Actualizada ás 19:15
A Xunta de Galicia propón ampliar a conmemoración de centenario da Xeración Nós 2021 ás administracións, institucións e entidades participantes nesta organización, dadas as circunstancias provocadas pola crise sanitaria.
A idea é alongar esta celebración coa que a Comunidade busca testemuñar un legado intelectual, artístico e literario de primeiro nivel, "fundamental para comprender a cultura contemporánea do país", explicou a Xunta nun comunicado este sábado.
Esta proposta será abordada polo Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora Rosario, a Real Academia Galega de Ciencias, a Deputación de Ourense, o tres Universidades do SUG, o Instituto Padre Sarmiento, o Museo do Pobo Galego, o Museo de Pontevedra, as Fundacións Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao, Losada Diéguez, Alexandre Bóveda, Blanco Amor, Curros Enríquez, a AELG, o Centro PEN Galicia, Gálix e os concellos de Ourense e Rianxo.
O Goberno galego argumentou que "tendo en conta que a pandemia alterou a gran parte das programacións, ciclos e celebracións da cultura galega" como este centenario e, para tentar paliar esta paréntese, propuxeron acordar os termos para prolongar esta "significativa efeméride" e permitir así "completar as actividades e cumprir cos obxectivos conmemorativos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.