Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2020 | Actualizada ás 21:30
O sindicato Progasap denunciou estes días o desabastecemento de luvas no Sergas, nun "novo episodio en relación coa falta de medios adecuados e a desprotección da saúde" dos profesionais sanitarios fronte ao coronavirus.
Nun comunicado, lamentou que agora toca "a quenda" das luvas tras outros "despropósitos" como máscaras "defectuosas" e a subministración de equipos de protección "non adecuados".
Con todo, e a pesar destas críticas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, suliñou este domingo que todos os profesionais do Sergas contan con todo tipo de materiais de protección porque “é a nosa obriga ter todo tipo de utensilios que precisan sanitarios”. Recoñeceu dificultades ao principio da pandemia para ter EPIs, pero non agora, a pesar destas críticas.
“Penso que desde hai moitas semanas esa roupa xa a teñen todos os sanitarios con normalidade, e tamén nas residencias e, mesmo repartimos material entre as empresas para os traballadores, cando eles non os tiñan”, dixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.