Ata 500 euros de multas aos que non recollan a caca do can

Asociacións, protectoras e concello defenden unha campaña de Benestar Animal de Pontevedra para concienciar aos donos de cans da importancia de coidar as vías públicas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/06/2020 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Sancións de entre 100 e 500 euros. Esa é a multa á que se enfronta a veciñanza de Pontevedra que non respecte a Lei 4/17 de Protección e Benestar de Animais de Compañía e non recolla a merda dos seus cans da vía pública.

Asociacións e protectoras de cans apoian unha campaña para que os donos recollan as deposicións dos cans en Pontevedra
Asociacións e protectoras de cans apoian unha campaña para que os donos recollan as deposicións dos cans en Pontevedra | Fonte: Concello de Pontevedra

Unha lei coa que están sensibilizados animalistas e amantes dos cans, pero non algún propietario destes animais. Por iso, voceiros e cans das asociacións protectoras Os Palleiros, Adopcións Galicia e Galgos 112 e o equipo creativo de Polo Correo do Vento (Enrique Mauricio, Carlos Taboada e a ilustradora Tania Solla), acompañados polos concelleiros de Benestar Animal e Desenvolvemento Sostible, Paloma Castro e Iván Puentes, presentaron a campaña ‘Non fagas o avión’.

“Ter unha mascota implica unha gran responsabilidade ética e cívica. Existe entre algúns unha especie de uso e costume segundo o cal os cans poden deixar deposicións ou mexar en calquera parte e temos que reverter esta normalización duns actos que son ilegais”, subliña a concelleira socialista Paloma Castro. Os carteis da iniciativa ‘Non fagas o avión’ serán instalados en diversas zonas verdes de Pontevedra

O tamén edil socialista Iván Puentes lembrou que o modelo de cidade de Pontevedra subliñou que a intención deste Goberno local é crear unha rede de parques caninos ao longo da cidade, o primeiro dos cales ocupará unha parcela de aproximadamente 4.300 metros cadrados nos antigos terreos de Tafisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta