Peche na USC para poder estudar

Os estudantes eclaman a apertura da biblioteca de Filosofía en horario nocturno para afrontar a época de exames.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/01/2013 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Este xoves un grupo de estudiantes da USC iniciou un peche indefinido na Facultade de Xeografía e Historia desta universidade co obxectivo de que o Reitorado da universidade habilite unha biblioteca nocturna durante toda a época de exames. 

Facultade de Historia, convertida en
Facultade de Historia, convertida en

Por iso, en asemblea acordaron que manterán as súas reivindicacións ata que consigan a apertura da biblioteca de Filosofía con horario extraordinario. O peche será indefinido ata a consecución dos obxectivos e, como mínimo, ata o 25 de xaneiro, data final do período de exames.

Os esdutantes decidiron elexir a facultade de Historia para o seu peche por ser a "máis axeitada". Ocuparon 3 aulas, das cales dúas serán destinadas ó estudo e unha a descanso e recreo e xa se propuxeron duas quendas de peche, un polo día e outro pola noite.

Entrada pola fiestra

"De non conseguir que a Reitoría permita ter a porta da entrada aberta, empregarase a fiestra da aula de recreo e descanso para poder entrar e saír. Presionarase á Reitoría para que o xerente abra a porta principal, xa que a decisión sobre a apertura das portas depende da Reitoría. Esa porta non estará completamente aberta para evitar a entrada de persoas que poidan ocasionar disturbios no edificio durante a noite". Este é un dos puntos que aprobaron os estudantes na asemblea que tiveron o mesmo xoves.

Por iso, piden aos compañeiros que se queiran sumar a esta iniciativa que traian material para pasar a noite; colchóns, sacos de durmir, mantas, etc. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 asturiana

esta imagen refleja lo vergonzoso de la situacion que se vive los fines de semana en Santiago https://twitter.com/MarioCarballoST...

1 asturiana

Por si no pueden acceder a la anterior https://pbs.twimg.com/media/BAZbqlR...

1 Xanti

Un auténtico clásico :) De todos os xeitos, entendo que non teñan moita gana de abrir Historia porque é das facultades mais grandes e custo de enerxía sería moi alto, e a USC ten un buraco económico do carallo... Deberían abrir mais facultades para satisfacer a demanda, xa que logo non deberían facerse os suecos cando a xente se queixa por falta de espazo. Aínda lembro as carreiras en Concepción Arenal para pillar un sitio a primeira hora da mañá...