Funeral este sábado en Santiago de Compostela en memoria das vítimas da COVID-19

Na mesma xornada, segundo avanzou o presidente galego hai dúas semanas, a Xunta realizará tamén un acto civil en memoria dos falecidos pola pandemia e como sinal de apoio e condolencia ás súas familias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2020 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

As dioceses galegas no seu conxunto celebrarán este sábado, día 13, en Santiago de Compostela un funeral en memoria e polo eterno descanso das vítimas da COVID-19.

Será ás 12,00 horas na compostelá Igrexa de San Francisco, onde o Arcebispado de Santiago realiza os seus actos solemnes debido ás obras de restauración que manteñen pechada ao culto a Catedral compostelá. Estará presidido polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio.

Ademais, actuarán como concelebrantes os bispos das dioceses galegas e espérase a presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

As dioceses galegas lembraron que a celebración se realizará con "todas as medidas de protección vixentes na fase 3", na que se atopa Galicia, co cal, as persoas que desexen asistir poderán facelo ata completar o aforamento. Ademais, a cerimonia será transmitida en directo pola Televisión de Galicia.

Na mesma xornada, segundo avanzou o presidente galego hai dúas semanas, a Xunta realizará tamén un acto civil en memoria dos falecidos pola pandemia e como sinal de apoio e condolencia ás súas familias.

O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio celbrando un acto relixioso. César Arxina - Europa Press - Arquivo
O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio celbrando un acto relixioso. César Arxina - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta