Control do tempo, control da vida

Santiago Lopo é o autor dunha das mellores novelas de 2012, que aborda un tema tan de actualidade como é a ficción científica. Crítica de Xosé Manuel Eyré.

Por GC Tendencias | Vigo | 29/01/2013 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

Título: Hora zulú

Santiago Lopo
Santiago Lopo | Fonte: Galaxia

Editorial: Galaxia

Novelas nas que se trate o tema do tempo, o tema do paso do tempo, hai moitas. Quizais toda novela dalgún xeito recolle esta preocupación. Novelas nas que o tempo queira ser controlado xa non son tantas, mais ben poucas atendendo á proporción. Tendendo a expresalo desde o subtema das viaxes no tempo, onde sei da por suposa a capacidade de control que os humanos dalgunha maneira desenvolveron. Nomes ben coñecidos e contrastados aparecen aquí, do talle de H.G. Wells, Fredric Brown, Isaac Asimov, Alfred Bester, Irwin Allen ou Ray Bradbury, por exemlpo. Porén novelas que traten o tema da posibilidade de control do tempo son moitas menos, ben poucas. Polo que quen decida ler esta nova novela de Santiago Lopo, Hora zulú (Galaxia, Premio García Barros 2012) terá diante unha novela infrecuente, absolutamente infrecuente. Non é unha novela máis senón que unha novela desta temática non é sinxelo atopala, en calquera lingua. Se se precisar meirande xustificación desta afirmación, pénsese que Hora zulú non é unha novela de ficción científica, como se agardaría e fundamentalmente se ten expresado esta temática.

Nin tampouco é esta a única faciana que contribúe caracterización identitaria da novela e Santiago Lopo, autor de quen coñeciamos Game over (2007) e Peaxes (2009) e de quen era difícíl adiviñar, algúns acenos pódense observar, sobre todo en Game over, mais ninguhna das dúas presenta un discurso de complexidade tamaña. Certamente, novelas con estruturas baseadas na comnibación de discursos materializdos en diferentes rexistros e soportes non son novas. Non son novas, non, mais se a iso engadimos outro criterio, o de non contar con narrador en terceira persoa que integre os discurso, entón xa é outro cantar, sobre todo se esa cantidade de discursos excede de dous ou tres. Entrevistas, discursos, enquisas, relatos, poesía, cartas, actas e informes solidarízanse aquí para ofrecer unha parte da historia novelada, encaixando perfectamente uns noutros sen que exista a necesidade de que un narrador os vaia ordenando, o cal esixe un grande e eficiente traballo do autor. O cal non deixa de ser curioso: cando o autor máis de desfai, máis delega nos diferentes soportes, confiando a eles a misión narrativa pertinente tradicionalmente á figura do narrador…mais recupera a súa estratéxica presencia organizadora.

Temos diante, pois, unha novela moi fragmentaria. E esa fragmentariedade dota o conxunto do texto dun dinamismo realmente notábel. Á vez que compromete o lector, pois este sabe, sente que o seu concurso é fundamental na decodificación, volvéndoo nunha privilexiada testemuña da historia, historia na que tamén, como vimos participa. E, dentro desa fragmentariedade cómpre salientar ben o papel da poesía. Porque a poesía que aquí hai non son catro poemas de recheo ou de factura até certo punto desculpábel nun narrador. De feito, logo da acta fundacional de Fumifugium, asociación ou movemento en defensa da Terra, destinada a frear os continuos ataques que sofre o planeta azul, con accións que denuncien os abusos do capitalismo contra o medio ambiente, sen renunciar a danos colatrais pola súa actividade; e ha de terse en conta que Fumifugium tamén se refire á monumental obra de John Evelyn, quen en 1661 denuciaba a irrespirabilidade do ar londiniense, aclarámolo porque é moita a xente que cre que o ecoloxismo é un pensamento esencialmente contemporáneo ou posterior á Revolución Industrial, cando as queixas pola pestilencia urbana son unha constante ao longo do tempo. De feito, logo desa acta fundacional, xa aparece a primeira poesía, anunciando o relevante papel que terá en diante, pois anuncia, constata, lembra, fixa e dinamiza estados de ánimo. Os estados de ánimo do Profesor, sendo que esclarecer a vida do Profesor vén sendo o obxectivo desde o cal nos é relatado o conxunto da novela.

A carón da poesía tamén o relato ten unha función capital. En concreto son cinco relatos. Cinco relatos perdidos, ben diferentes entre si, onde os protagonistas conseguen dalgún xeito deter o tempo; relatos que Ana, psicóloga, deberá encontrar para reconstruír a vida do Profesor. Ana, psicóloga, dá entrada na novela ao mundo relativo á razón, desde as estemeiras do sanatorio psiquiátrico o cuestionamento da razón é paralelo ao do propio tempo como tiránica realidade obxectiva e inamobíbel. Sendo que a preocupción polos efectos do cómputo temporario é, pois, outra angueiras ecoloxistas, e que xungue nun mesmo obxectivo a científicos e activistas. Sendo que nin científicos nin activistas son alleos á sentimentalidade, a o misterio do sentimento, esa forza aínda tan por estudar, e que terá influencia decisiva para poder parar o inexorábel avance das agullas. A sentimentalidade e a beleza, dous conceptos sen o cales non sería posíbel tampouco facer literatura. Unha literatura que aínda desde esta fragmentariedade tan grande, e desde a frialdade dalgúns dos rexitros e soportes utilizados, non logra trasladarse á lectura senón que esta resulta emocionante de principio a fin. E tinguida por veces dun fino humor que tan de agradecer é, sobre todo, se, como é o caso e era de agardar dado o feito de boa parte das peronaxes seren internos dun psiquiátrico, sobre todo, como diciamos, se detrás dese humor se agacha e propón reflexión.

Eis pois, unha das mellores novelas de 2012, que tratando un tema tan propio da ficción científica non precisa declaradamente cinguirse ao subxénero, unha novela moi audaz e que só desde unha precisión alquímica podería ser escrita, como é o caso, con innegábel éxito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Breoghain

Santiago como professor é excelente. Haverá que ler este livro.

1 Empecinado

Lin "Hora Zulú". Xenial! Había moito que non lía nada semellante. Viva a imaxinación!