Soberanía

A aprobación por unha maioría clara do Parlament de Catalunya da Declaración de Soberanía supón un fito no proceso histórico de autogoberno de Catalunya.

Por Manuel Bragado | Vigo | 24/01/2013

Comparte esta noticia
No entanto, hoxe non é doado doado enxergar cales poden ser as consecuencias dun acto político protagonizado polo Parlament (como institución que representa a vontado do pobo catalán) que procurou os seus alicerces e a súa lexitimidade nos dereitos históricos do pobo catalán e na súa vontade democrática de “iniciar o proceso para facer efectivo o exercicio do dereito a decidir o seu futuro político colectivo”.
 
Nin tampouco é doado albiscar qué implicacións pode ter para o futuro de España, do País Vasco ou de Galicia, concibido coma un taboleiro dinámico, polo movemento dunha das súas pezas. Máis alá das reaccións que poida suscitar no Goberno de Rajoy, a declaración terá unha apreciable repercusión internacional, o primeiro efecto que procuraban os seus promotores. Cataluña activou o seu proceso de soberanía. bretemas.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA