Concellos de Pontevedra suspenden os campamentos pola dificultade de manter protocolos de seguridade
Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño e Salceda de Caselas, ademais da Deputación de Pontevedra, din que toman a medida para "salvagardar a seguridade de nenos e nenas". A Xunta manterá a súa oferta, que comeza na segunda quincena de xullo.