Deberíase cambiar o proceso electoral para facelo máis accesible ás persoas con discapacidade?

A Federación Down Galicia demanda transformacións nas eleccións do 12X para asegurar a participación das persoas con diversidade intelectual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Dende que o Congreso o aprobara por unanimidade en 2018, as persoas con síndrome de Down poden exercer o seu dereito ó voto, sempre que sexan maiores de 18 anos. Outra cousa ben distinta é se, á hora da verdade, os procesos que rixen a campaña electoral son realmente accesibles ás persoas con diversidade intelectual.

Un voto
Un voto | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

A Federación Down Galicia vén de poñer sobre a mesa un debate pouco concorrido para garantir que os comicios galegos do 12X sexan "máis accesibles" ós votantes con síndrome de Down e outras diversidades intelectuais. As medidas demandadas pola organización comprenden a totalidade do proceso electoral, dende a propaganda dos partidos ó propio acto do voto.

O colectivo demanda a creación de guías de "lectura fácil" que dean información "máis comprensible" sobre os programas dos diferentes partidos. De xeito paralelo, demandan unha maior "claridade" á hora de informar as mesas nas que cada votante debe depositar a papeleta.

As peticións da Federación Down Galicia encádranse nun informe desenvolto arredor da experiencia de persoas con Down nos comicios xerais de abril de 2019, as primeiras nas que puideron acceder ó voto. Segundo a asociación, moitas das persoas que acudir ós colexios "precisaron apoios previos" para poder votar. Por iso, demandan "conta con materiais accesibles" para facilitarlles o acto democrático de modo "autónomo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta