Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2025 | Actualizada ás 17:26
A Garda Civil detivo unha rede criminal especializada en ciberestafas empresariais co método "man in the middle" e sentimentais, coa modalidade "estafa do amor" ou "romance scam". O importe económico estafado tanto a particulares como empresas ascende a case 1,6 millóns de euros. Foron detidas 15 persoas, acusadas de cometer máis de medio centenar de estafas a vítimas de todo o territorio nacional.
Desta maneira, os investigadores puxeron o foco de atención no descubrimento do emprego masivo de identidades usurpadas ás vítimas, que sufriron unha revictimización ao utilizaren os ciberdelincuentes a súa identidade para cometer outras estadas a nivel nacional. A día de hoxe, algunhas das vítimas continúan pagando o préstamo bancario que solicitaron, o que reflicte o forte vínculo emocional que chegaron a desenvolver con eles.
A pesar da complexidade da información, afirma a Garda Civil no comunidado, puideron obter probas acerca da suposta implicación dos autores da denuncia inicial noutros feitos cometidos en varias localidades españolas, nas que se levaron a cabo 15 rexistros domiciliarios en lugares como o Milladoiro, Lugo ou Pontevedra. O importe económico estafado ascende a 1.581.667 euros.
Os integrantes da organización cibercriminal cambiaban continuamente de domicilio para dificultar a localización policial. Todos eles están detidos por delitos de estafa, usurpación do estado civil, blanqueo de capitais e pertenza a organización criminal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.