Alcampo oferta 150 empregos temporais para o verán

Por E.P. | MADRID | 25/06/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O mercado laboral galego recibirá este verán 150 contratos da man da firma Alcampo, que prevé ampliar de xeito temporal o seu cadro de persoal para cubrir postos de reposición, venda e caixas, segundo informou a compañía nun comunicado.

Supermercado
Supermercado | Fonte: EUROPA PRESS - Archivo

En total, a sociedade de orixe francés prevé asinar 1.650 contratos temporais no marco do Estado, dos cales Galicia recibirá case o 10%. En conxunto, a comunidade galega atópase entre os territorios cunha ampliación laboral máis notable, por riba da Comunidade Valencia (120), País Vasco (70) e Castela a Mancha (70). Os 150 empregados de Galicia -que sumarán a máis de 20.000 traballadores- irán destinados ós máis de 400 establecementos cos que a firma conta na Comunidade, entre gasolineiras e supermercados. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta