Os coches volven conquistar parte do paseo marítimo da Coruña peonalizado no estado de alarma

O persoal responsable da Concellaría de Mobilidade está a estudar distintas actuacións para consolidar este carril para uso dos peóns.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/06/2020 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña abriu á circulación de vehículos o tramo do carril do paseo marítimo --que peonalizou durante o estado de alarma e que discorre entre as Esclavas e a fonte dos Surfistas-- "debido á alta densidade de tráfico que existe nesta zona do paseo e que estaba provocandoproblemas de circulación na cidade".

A Concellaría de Mobilidade pretende con esta medida "garantir a seguridade das persoas". O resto do carril habilitado durante a pandemia para uso peonil mantense. Así, o tramo entre os Surfistas e o dique de Abrigo seguirá sendo para as persoas viandantes. A restrición para os coches tamén se mantén entre as Esclavas e a zona o Millennium-Portiño.

O persoal responsable da Concellaría de Mobilidade está a estudar distintas actuacións para consolidar este carril para uso dos peóns. Algúns tramos poderían ser utilizados para bicicletas e vehículos de mobilidade persoal, mentres que outros serán reformados para continuar a senda destinada ás corredoras e os corredores, segundo apuntou.

Carril para corredores no paseo marítimo da Coruña. ANDY PEREZ
Carril para corredores no paseo marítimo da Coruña. ANDY PEREZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta